O-Xan, o grupo de opinión para a xestión dialogada do lobo en Galicia, presenta o seu blog, unha ferramenta a disposición de todos para difundir as nosas opinións, froito do debate de toda a xente que participa nel.

30/12/17

Queres vivir en directo como era unha batida nos antigos foxos do lobo?

O lobo e o home sempre tiveron unha fonda relación, sobre todo, na Galicia rural. De feito, o lobo está moi enraizado na mitoloxía popular galega. Os lobos eran seres poderosos que podían matar homes e botar a perder o gando. Por iso, en moitas zonas se construíron estruturas enormes para cazalos e darlle morte. Eran os foxos de lobo, agora en desuso.

A Asociación Cultural Dequenquén leva tempo poñendo en valor estes valiosos elementos da etnografía galega. >>> VER MAIS >>>