O-Xan, o grupo de opinión para a xestión dialogada do lobo en Galicia, presenta o seu blog, unha ferramenta a disposición de todos para difundir as nosas opinións, froito do debate de toda a xente que participa nel.

25/1/17

Os mastíns son o método máis eficaz contra os ataques do lobo


Falamos con Joan Alibés, de O-Xan, un grupo que naceu en 2015 para xestionar de forma dialogada a problemática do lobo en Galicia. Integra a gandeiros, cazadores, entidades conservacionistas e investigadores. “Os gandeiros debemos divulgar e informar máis para gañarnos a opinión pública”, subliña.

Reunir a gandeiros, cazadores, entidades conservacionistas e investigadores para, de forma dialogada, chegar a uns puntos de acordo sobre a xestión dos danos que provoca o lobo na gandería e o control da súa poboación de ser necesario.

O que parecería unha quimera, debido ás posturas extremistas que dun e outro bando aparecen nas redes sociais e nos medios de comunicación, está sendo posible en Galicia dende hai máis dun ano grazas a O-Xan, que se define como “un grupo de opinión para a xestión dialogada do lobo” na comunidade galega.

Falamos con Joan Alibés, un gandeiro de ovino e caprino asentado en Meira (Lugo) e un dos membros máis activos de O-Xan.


¿Estase a detectar un incremento dos ataques do lobo ao gando en Galicia?

Os datos oficiais de ataques recoñecidos pola Consellería de Medio Ambiente non indican grandes cambios. Hai pequenas variacións anuais pero se só nos fixamos nestes datos estamos mirando so cun ollo o que acontece. Moitos ataques non son denunciados ben por ser poucos animais ou ben por saber que se vai tardar uns dous anos en cobrar os danos. Os datos oficiais son a punta dun iceberg que debemos facer emerxer, e só nese momento veremos a realidade dos ataques.

¿Realmente o lobo é unha especie en perigo de extinción….ou está habendo sobrepoboación nalgunhas comarcas? Dende O-Xan temos datos suficientes para afirmar que a especie, en Galicia, non se atopa en perigo. Dos datos do último censo despréndese que a poboación de lobo está espallada por case todo o territorio e nos últimos anos mantén un censo aproximado de entre 600 e 700 animais adultos.

En certas zonas, as mandas acadaron os 5 ou 6 adultos e estas poden xa atacar sen moitos problemas a unha vaca. É por iso que en casos de ataques repetidos se pode solicitar unha batida para tentar de reducir os ataques.

A historia da relación entre o lobo e o ser humano é de competencia e conflito, e parece que Galicia non é unha excepción. Dado que o home é o único depredador do lobo, ¿É inevitable o control selectivo da súa poboación? ¿A xestión do lobo implica inevitablemente control da súa poboación? Esta é a pregunta máis controvertida e na que estamos a traballar en O-Xan. Así como a presenza do lobo no territorio é unha elección da sociedade, o número de lobos que a sociedade “quere” ou “tolera” é tamén unha elección. Partindo da base que a situación da especie non é preocupante en Galicia, queda dialogar entre todas as partes, incluída á Consellería, para tratar de definir unha estratexia.

¿Como se está afrontando a problemática do lobo no resto de España e en países veciños como Portugal ou Francia? No resto de España a situación preséntase con fortes tensións que van en aumento. O lobo está volvendo colonizar pouco a pouco a Península, está xa do outro lado do Douro, esténdese pola serra de Madrid e chega xa ao País Vasco. Por outra banda, lobos de orixe italiano e alpino estanse achegando a Cataluña. Esta expansión demostra que a especie ten boa saúde e que vai colonizando novas zonas. Para evitar o conflito e rebaixar a tensión a única liña de traballo que temos é a previsión, o diálogo e a determinación das administracións autonómicas para pode abordar a inevitable convivencia.

En Portugal, aínda que o lobo está protexido, a situación non difire moito da de Galicia, onde o lobo é considerado unha especie cinexética. O lobo no país veciño segue a súa expansión a pesares da caza furtiva. Isto demostra que a problemática non se soluciona a nivel legal, senón que compre afrontar a complexidade da situación por parte da administración.

En Francia, aínda que o censo oficial rolda os 300 a 400 lobos, as asociacións ecoloxistas que están a facer un seguimento por todo o país (Observatoire du loup) estiman que a poboación pode duplicar os datos oficiais. O que está acontecendo é semellante á situación española, se ben nas zonas con máis lobos a administración está apoiando aos gandeiros con medidas de prevención e distribución de mastíns entre os gandeiros.

Un caso aparte é Suíza, onde os gandeiros poden solicitar ao estado pastores para vixiar o gando no verán, cando soben aos pastos de altura cos seus rabaños.

¿Que medidas lle pedides dende O-Xan á administración para afrontar a xestión do lobo? ¿As axudas realmente son eficaces e sustentables? Hai que ser conscientes que é o conxunto da sociedade quen asume e apoia a presenza do lobo no noso territorio, incluído o sector gandeiro. Por conseguinte, o lobo é de todos e os gastos necesarios para afrontar a xestión do lobo deben ser asumidos polo conxunto da sociedade e, por competencias, pola Xunta de Galicia.

No ano 2008 publicouse o Plan de Xestión do Lobo en Galicia. Neste documento recóllense as principais liñas de traballo para a xestión da especie e a correcta coexistencia coa sociedade. Dende O-Xan pensamos que o texto é acertado e describe todo aquilo que se require: diálogo, supervisión, divulgación, prevención, investigación,… Lamentablemente, non se está a desenvolver o Plan coa intensidade necesaria. Moitos aspectos quedaron sen aplicarse e outros, como as medidas de prevención, esquecéronse durante anos.

Por iso, dende O-Xan, propoñemos retomar o Plan de Xestión como base para relanzar as medidas necesarias. O ano pasado propuxemos unha serie de melloras como a axilización dos pagos por danos e a reintrodución das axudas anuais para a prevención de ataques. Ademais, queda por apostar con máis forza pola realización de censos coa periodicidade descrita no Plan, a elaboración de estudos sobre as medidas de prevención, e pola formación e divulgación, e tamén se deben poñer as medidas suficientes para previr e paliar os danos ao gando.

As axudas son eficaces se se realizan de forma correcta. O pago polos danos sufridos por ataques de lobos son necesarios, pero un atraso no seu pagamento pode empeorar a situación incitando á lóxica indignación dos gandeiros. Pero unha axuda anual para difundir e aplicar medidas de prevención permite xerar unha “cultura de prevención”, entre o sector gandeiro o que permitiría reducir os ataques. Por outra banda, o diálogo entre os sectores da sociedade axudaría na redución da conflitividade e non supón gasto algún, esta é a medida máis eficaz e sustentable de todas.

Neste conflito parece que para a opinión pública, sobre todo a urbana, os gandeiros solen ser os malos da película. ¿Que estratexias cres que deberían seguir para gañarse máis a unha sociedade cada vez máis urbanizada e que é máis receptiva ás demandas de colectivos animalistas? Informar, divulgar e difundir. Non queda outra. A confrontación e o desprezo tanto duns como doutros non conduce máis que ao conflito. As redes sociais están cheas de exemplos, grupos ás veces de poucas persoas que xeran gran rebumbio. Títulos como “Si no quieres lobos no quiero tu queso ni tu carne” ou “Con lobos no hai paraíso” non axudan para nada ao diálogo. Por iso O-Xan é un “grupo de opinión” e un dos obxectivos principais é establecer unha vía de comunicación coa sociedade e os medios para intentar reverter o impacto mediático negativo que xira arredor do lobo e que non axuda a acadar o obxectivo da coexistencia.

Neste punto os medios de comunicación xogades un papel fundamental. Non é o mesmo informar sobre un “ataque de lobo ao gando” que sobre un “brutal suceso acontecido de madrugada”, por poñer un exemplo.

Os colectivos animalistas xogan un papel cada vez máis dominante na nosa sociedade, pero como todo grupo de presión non debe monopolizar o espazo público nin rexeitar ao resto de membros. Dende o rural debemos poñer en valor o noso modo de vida e, sen victimismos, transmitir que queremos vivir no rural e do rural.

Dende o punto de vista do gandeiro, ¿Que medidas de prevención aconsellarías como que se están demostrando efectivas para previr os ataques dos lobos? Dende O-Xan, e grazas ao traballo dos investigadores que forman parte, estamos a recopilar todos as experiencias que se teñen realizado a nivel europeo sobre métodos de prevención. A primeira conclusión que sacamos é que non se ten traballado dabondo sobre o tema e que os resultados de moitos estudos son parciais. Isto representa un gran atranco para a difusión das medidas preventivas xa que non están suficientemente respaldadas. Neste sentido, membros de O-Xan formaron o ano pasado un Grupo Operativo para a Innovación para que este ano poidamos presentar un proxecto de innovación na procura duns métodos efectivos adaptados aos sistemas de manexo do gando en Galicia.

Sobre que medidas se poden tomar, pola miña experiencia como gandeiro e técnico, os mellores métodos son: os mastíns, sempre que traballen de forma correcta e co gando dentro de peches (fixos ou móbiles), e os peches fixos de 1,5 metros, con malla ovelleira e arames electrificados (abaixo e arriba), tal e como se describía na orde de axudas de prevención de danos publicada no ano 2012. O resto de métodos non son suficientemente efectivos para deixar o gando solo.

En todo caso, compre adaptar os métodos de prevención ao manexo da gandería e aos limitantes do gandeiro/a. Por iso, o traballo técnico de Beealia é realizar un análise global da gandería antes de aconsellar e poñer en marcha os pertinentes métodos de prevención.

O xabarín é outra especie salvaxe que, segundo agricultores e gandeiros, provoca importantes danos económicos nos cultivos, dende o punto de vista económico mesmo maiores que os do lobo. ¿Que medidas propoñedes dende O Xan para afrontar o seu control? O-Xan está a traballar, polo de agora, unicamente sobre o lobo. Moitos dos membros nos teñen falado da problemática do xabaril, pero non estamos a debater sobre o tema. Como gandeiro, si creo que debemos agradecer aos cazadores (moitos deles tamén gandeiros) polo traballo que están a realizar no control da poboación. Por moito lobo que teñamos en Galicia este non será capaz de controlar a poboación de xabaril nuns niveis aceptables para poder desenrolar actividades agrícolas no noso territorio.

¿Algo máis que queiras engadir? Dende O-Xan queremos tender unha man á Xunta e á Consellería de Medio Ambiente para que participen no diálogo, por outra banda tan necesario, e traballemos en conxunto sobre todos os aspectos do Plan de Xestión do Lobo, un documento cheo de boas palabras, pero que carece de aplicación práctica en moitos apartados (prevención, divulgación, formación, investigación,…).

En termos de apoio institucional hai exemplos moi interesantes na contorna europea. Suíza apoia aos seus gandeiros con pastores contratados para gardar o gando nos pastos de verán dos Alpes.

FONTE: CAMPOGALEGO




“Los mastines son el método más eficaz contra los ataques del lobo”


Hablamos con Joan Alibés, de O-Xan, un grupo que nació en 2015 para gestionar de forma dialogada la problemática del lobo en Galicia. Integra a ganaderos, cazadores, entidades conservacionistas e investigadores. “Los ganaderos debemos divulgar e informar más para ganarnos a la opinión pública”, subraya.

Reunir a ganaderos, cazadores, entidades conservacionistas e investigadores para, de forma dialogada, llegar a unos puntos de acuerdo sobre la gestión de los daños que provoca el lobo en la ganadería y el control de su población, de ser necesario.

Lo que parecería una quimera, debido a las posturas extremistas que de uno y otro bando aparecen en las redes sociales y en los medios de comunicación, está siendo posible en Galicia desde hace más de un año gracias O-Xan, que se define cómo “un grupo de opinión para la gestión dialogada del lobo” en la comunidad gallega.

Hablamos con Joan Alibés, un ganadero de ovino y caprino asentado en Meira (Lugo) y uno de los miembros más activos de O-Xan.


¿Se está detectando un incremento de los ataques del lobo al ganado en Galicia? Los datos oficiales de ataques reconocidos por la Consellería de Medio Ambiente no indican grandes cambios. Hay pequeñas variaciones anuales pero si sólo nos fijamos en estos datos estamos mirando sólo con un ojo lo que acontece. Muchos ataques no son denunciados bien por ser pocos animales o bien por saber que se va a tardar unos dos años en cobrar los daños. Los datos oficiales son la punta de un iceberg que debemos hacer emerger, y sólo en ese momento veremos la realidad de los ataques.



¿Realmente el lobo es una especie en peligro de extinción….o está habiendo sobrepoblación en algunas comarcas? Desde O-Xan tenemos datos suficientes para afirmar que la especie, en Galicia, no se encuentra en peligro. De los datos del último censo se desprende que la población de lobo está diseminada por casi todo el territorio y en los últimos años mantiene un censo aproximado de entre 600 y 700 animales adultos.


En ciertas zonas, las manadas alcanzan los 5 o 6 adultos y estas pueden ya atacar sin muchos problemas a una vaca. Es por eso que en casos de ataques repetidos se puede solicitar una batida para intentar de reducir los ataques.


La historia de la relación entre el lobo y el ser humano es de competencia y conflicto, y parece que Galicia no es una excepción. Dado que el hombre es el único depredador del lobo, ¿Es inevitable el control selectivo de su población? ¿La gestión del lobo implica inevitablemente control de su población? Esta es la pregunta más controvertida y en la que estamos trabajando en O-Xan. Así como la presencia del lobo en el territorio es una elección de la sociedad, el número de lobos que la sociedad “quiere” o “tolera” es también una elección. Partiendo de la base que la situación de la especie no es preocupante en Galicia, queda dialogar entre todas las partes, incluida a la Consellería, para tratar de definir una estrategia.



¿Cómo se está afrontando la problemática del lobo en el resto de España y en países vecinos como Portugal o Francia? En el resto de España la situación se presenta con fuertes tensiones que van en aumento. El lobo está volviendo a colonizar poco a poco la Península, está ya del otro lado del Duero, se extiende por la sierra de Madrid y llega ya al País Vasco.


Por otra parte, lobos de origen italiano y alpino se están acercando a Cataluña. Esta expansión demuestra que la especie tiene buena salud y que va colonizando nuevas zonas. Para evitar el conflicto y rebajar la tensión La única línea de trabajo que tenemos es la previsión, el diálogo y la determinación de las administraciones autonómicas para puede abordar la inevitable convivencia.

En Portugal, aunque el lobo está protegido, la situación no difiere mucho de la de Galicia, donde el lobo es considerado una especie cinegética. El lobo en el país vecino sigue su expansión a pesar de la caza furtiva. Esto demuestra que la problemática no se soluciona a nivel legal, sino que es necesario afrontar la complejidad de la situación por parte de la administración.

En Francia, aunque el censo oficial ronda los 300 a 400 lobos, las asociaciones ecologistas que están haciendo un seguimiento por todo el país (Observatoire du loup) estiman que la población puede duplicar los datos oficiales. Lo que está aconteciendo es semejante a la situación española, si bien en las zonas con más lobos la administración está apoyando a los ganaderos con medidas de prevención y distribución de mastines entre los ganaderos.

Un caso aparte es Suiza, donde los ganaderos pueden solicitar al estado pastores para vigilar el ganado en verano, cuando suben a los pastos de altura con sus rebaños.


¿Qué medidas le pedís desde O-Xan a la administración para afrontar la gestión del lobo? ¿Las ayudas realmente son eficaces y sostenibles? Hay que ser conscientes que es el conjunto de la sociedad quien asume y apoya la presencia del lobo en nuestro territorio, incluido el sector ganadero. Por consiguiente, el lobo es de todos y los gastos necesarios para afrontar la gestión del lobo deben ser asumidos por el conjunto de la sociedad y, por competencias, por la Xunta de Galicia.


En el año 2008 se publicó el Plan de Gestión del Lobo en Galicia. En este documento se recogen las principales líneas de trabajo para la gestión de la especie y la correcta coexistencia con la sociedad. Desde O-Xan pensamos que el texto es acertado y describe todo aquello que se requiere: diálogo, supervisión, divulgación, prevención, investigación,… Lamentablemente, no se está desarrollando el Plan con la intensidad necesaria. Muchos aspectos quedaron sin aplicarse y otros, como las medidas de prevención, se olvidaron durante años.

Por eso, desde O-Xan, proponemos retomar el Plan de Gestión como base para relanzar las medidas necesarias. El año pasado propusimos una serie de mejoras como la agilización de los pagos por daños y la reintroducción de las ayudas anuales para la prevención de ataques. Además, queda por apostar con más fuerza por la realización de censos con la periodicidad descrita en el Plan, la elaboración de estudios sobre las medidas de prevención, y por la formación y divulgación, y también se deben poner las medidas suficientes para prevenir y paliar los daños al ganado.

Las ayudas son eficaces si se realizan de forma correcta. El pago por los daños sufridos por ataques de lobos son necesarios, pero un retraso en su pago puede empeorar la situación incitando a la lógica indignación de los ganaderos. Pero una ayuda anual para difundir y aplicar medidas de prevención permite generar una “cultura de prevención”, entre el sector ganadero lo que permitiría reducir los ataques. Por otra parte, el diálogo entre los sectores de la sociedad ayudaría en la reducción de la conflictividad y no supone gasto alguno, esta es la medida más eficaz y sostenible de todas.


En este conflicto parece que para la opinión pública, sobre todo la urbana, los ganaderos suelen ser los malos de la película. ¿Qué estrategias crees que deberían seguir para ganarse más la una sociedad cada vez más urbanizada y que es más receptiva a las demandas de colectivos animalistas? Informar, divulgar y difundir. No queda otra. La confrontación y el desprecio tanto de unos cómo de otros no conduce más que al conflicto. Las redes sociales están llenas de ejemplos, grupos a veces de pocas personas que generan gran polvareda. Títulos como “Sí no quieres lobos no quiero tu queso ni tu carne” o “Con lobos no hay paraíso” no ayudan para nada al diálogo. Por eso O-Xan es un “grupo de opinión” y uno de los objetivos principales es establecer una vía de comunicación con la sociedad y los medios para intentar revertir el impacto mediático negativo que gira alrededor del lobo y que no ayuda a conseguir el objetivo de la coexistencia.


En este punto, los medios de comunicación jugáis un papel fundamental. No es lo mismo informar sobre un “ataque de lobo al ganado” que sobre un “brutal suceso acontecido de madrugada”, por poner un ejemplo.

Los colectivos animalistas juegan un papel cada vez más dominante en nuestra sociedad, pero como todo grupo de presión no debe monopolizar el espacio público ni rechazar al resto de miembros. Desde el rural debemos poner en valor nuestro modo de vida y, sin victimismos, transmitir que queremos vivir en el rural y del rural.


Desde el punto de vista del ganadero, ¿Qué medidas de prevención aconsejarías como que se están demostrando efectivas para prevenir los ataques de los lobos? Desde O-Xan, y gracias al trabajo de los investigadores que forman parte, estamos recopilando todos las experiencias que se han realizado a nivel europeo sobre métodos de prevención. La primera conclusión que sacamos es que no se ha trabajado suficientemente sobre el tema y que los resultados de muchos estudios son parciales. Esto representa un gran osbtáculo para la difusión de las medidas preventivas ya que no están suficientemente respaldadas. En este sentido, miembros de O-Xan formaron el año pasado un Grupo Operativo para la Innovación para que este año podamos presentar un proyecto de innovación en la búsqueda de unos métodos efectivos adaptados a los sistemas de manejo del ganado en Galicia.


Sobre que medidas se pueden tomar, por mi experiencia como ganadero y técnico, los mejores métodos son: los mastines, siempre que trabajen de forma correcta y con el ganado dentro de cierres (fijos o móviles), y los cierres fijos de 1,5 metros, con malla ovejera y alambres electrificados (abajo y arriba), tal y como se describía en la orden de ayudas de prevención de daños publicada en el año 2012. El resto de métodos no son suficientemente efectivos para dejar al ganado solo.

En todo caso, es necesario adaptar los métodos de prevención al manejo de la ganadería y a los limitantes del ganadero/a. Por eso, el trabajo técnico de Beealia es realizar un análisis global de la ganadería antes de aconsejar y poner en marcha los pertinentes métodos de prevención.


El jabalí es otra especie salvaje que, según agricultores y ganaderos, provoca importantes daños económicos en los cultivos, desde el punto de vista económico incluso mayores que los del lobo. ¿Qué medidas proponéis desde O Xan para afrontar su control? O-Xan está trabajando, por lo de ahora, únicamente sobre el lobo. Muchos de los miembros nos han hablado de la problemática del jabalí, pero no estamos debatiendo sobre el tema. Como ganadero, sí creo que debemos agradecer a los cazadores (muchos de ellos también ganaderos) por el trabajo que están realizando en el control de la población. Por mucho lobo que tengamos en Galicia este no será capaz de controlar la población de jabalí en unos niveles aceptables para poder desenrollar actividades agrícolas en nuestro territorio.

¿Algo más que quieras añadir? Desde O-Xan queremos tender una mano a la Xunta y a la Consellería de Medio Ambiente para que participen en el diálogo, por otra parte tan necesario, y trabajemos en conjunto sobre todos los aspectos del Plan de Gestión del Lobo, un documento lleno de buenas palabras, pero que carece de aplicación práctica en muchos apartados (prevención, divulgación, formación, investigación,…).


En términos de apoyo institucional hay ejemplos muy interesantes en el entorno europeo. Suiza apoya a sus ganaderos con pastores contratados para guardar el ganado en los pastos de verano de los Alpes.

FUENTE: CAMPOGALEGO