O-Xan, o grupo de opinión para a xestión dialogada do lobo en Galicia, presenta o seu blog, unha ferramenta a disposición de todos para difundir as nosas opinións, froito do debate de toda a xente que participa nel.

13/1/19

Forte malestar nos gandeiros galegos polas axudas da Xunta para previr os danos da fauna salvaxe

O sector gandeiro denuncia que a Consellería de Medio Ambiente non o tivo en conta á hora de publicar a orde de axudas Advirten de que presenta eivas que impedirán que sexa útil para previr os ataques aos cultivos e ao gando do lobo ou do xabarín.

Forte malestar entre os gandeiros galegos pola orde de axudas para a prevención dos anos da fauna salvaxeque publicou este luns a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Diversas organizacións coinciden en advertir de que tal e como se publicou a orde impedirá que boa parte dos gandeiros afectados polos ataques do lobo ou do xabarín podan solicitar as axudas e que estas non serán efectivas para previr os danos.

ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2019.


ORDEN de 19 de diciembre de 2018 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para la prevención de los daños que causan determinadas especies de fauna silvestre y se convocan para el año 2019.

Axudas para paliar os danos producidos polo lobo para o ano 2019.

ORDE do 28 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2019.


31/8/18

Medio Ambiente posterga ó 2019 a convocatoria de axudas para prevención de danos de lobo

Logo das reclamacións que se trasladaron nos últimos días desde o sector gandeiro, a Consellería de Medio Ambiente descartou convocar este ano axudas para medidas de prevención dos danos do lobo, postergando a convocatoria para o 2019. Desde Medio Ambiente explican que están traballando xa para habilitar un anticipo de gasto con cargo ós próximos orzamentos, de xeito que a comezos do próximo ano estea en marcha a convocatoria de subvencións.

A Consellería explica que un dos seus obxectivos é que, a diferenza do que ocorreu no 2016 e no 2017, os beneficiarios das axudas dispoñan de máis prazo para a execución dos proxectos subvencionados.

O pasado ano, a Administración convocara e resolvera as axudas na segunda metade do ano, o que levou a que, por cuestións administrativas, os beneficiarios quedasen cun prazo moi escaso para a execución das axudas, dándose casos nos que tiveron que renunciar ós apoios por carecer de prazo para a execución das liñas subvencionadas.


FONTE: CAMPOGALEGO

13/8/18

Jornada sobre el lobo de la Sociedade Galega de Historia Natural

Con motivo del 45 aniversario de la Sociedade Galega de Historia Natural, se celebrará una jornada sobre el lobo (Canis lupus) el viernes 17 de Agosto.

Durante la jornada se realizarán diferentes ponencias sobre la realidad y actualidad de esta especie.

La asistencia es abierta y gratuita.




3/8/18

Modelo da Xunta de Galicia para solicitar batidas e esperas por danos de xabaril, corzo, cervo, raposo e lobo





D.O.G. Nº 102 do 30/5/2018: RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2018/19.

7/7/18

Nueve siglos batiendo lobos

La guerra entre el lobo y el hombre en Galicia comenzó hace nueve siglos. A principios del XII, el arzobispo Gelmírez ordenaba a los feligreses de todas las parroquias —incluidos curas y caballeros- hacer batidas los sábados. Si no lo hacían, se enfrentarían a fuertes multas. >>> VER EL ARTÍCULO COMPLETO >>>

21/6/18

Intervención do GRUPO O-XAN no minuto 8 do TELEXORNAL


O GRUPO O-XAN PRESENTA NO PARLAMENTO UNHA PROPOSTA PARA LOGRAR UNHA CONVIVENCIA DO LOBO COA GANDERÍA EN GALICIA


Lembran a grave situación para os gandeiros, cun incremento do 100% dos ataques entre 2015 e 2017 


Santiago de Compostela, 20 de xuño. Este mércores 20 de xuño membros do grupo O-Xan presentaron a todos os grupos do Parlamento de Galicia o resultado de tres anos de reunións, intercambio de información e diálogo construtivo entre gandeiros, organizacións ecoloxistas e asociacións de cazadores para acadar unha visión xeral e unhas propostas definidas para a xestión sustentable do lobo en Galicia. 

A situación actual é grave, cun incremento do 100% no número de ataques ao gando en só dous anos, e compre tomar cartas no asunto e traballar para reducir os ataques e a conflitividade. 

Hai máis de ano e medio que O-Xan presentou varias propostas á Consellería de Medio Ambiente que non foron atendidas e esta segue a priorizar unicamente os pagos por danos cando estase demostrando que non reduce o problema e incrementa os custes para a administración. Esta estratexia xa se seguiu noutras comunidades cun claro fracaso a medio prazo. 

Neste sentido, defenden que é necesario o desenvolvemento completo do Plan de Xestión do Lobo en Galicia, pois as medidas non poden quedar en pagar os danos (que van en aumento) e empregar remanentes (se os hai) para pagar pastores eléctricos aos gandeiros.

VER DOCUMENTO: EVOLUCION DANOS ATAQUES LOBO GALICIA 2010 2017

25/5/18

Convivir co lobo. Organiza Asociación Carballo Vivo

Mañá sábado, participamos na xornada "convivir co lobo" organizada pola Asociación Carballo Vivo coa colaboración do Grupo de Opinión sobre a Xestión do Lobo en Galicia "O-XAN". 

A xornada celebrarase no local social da parroquia de Carballo, Friol (Lugo) a partires das 10:30 horas.


5/4/18

VI FIESTA DE LA CAZA DEL XURÉS

La Asociación de Tecores del Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés (XURESTEC) tiene previsto celebrar los días 12 y 13 de mayo de 2018 la “VI Fiesta de la Caza del Xurés” en las localidades ourensanas de Entrimo, Muiños y Lobios; centrada en la promoción de la cocina con carne de caza y en profundizar en el conflicto social con el lobo. 

El domingo 13 de mayo por la mañana se desarrollará en Lobios una interesante jornada formativa con la colaboración de los miembros del GRUPO O-XAN, con una primera ponencia sobre “La situación del lobo en Galicia: La población en la provincia de Ourense” a cargo del biólogo Luis Llaneza y otra con el título “¿Que es coexistir? Claves para la coexistencia” a cargo del biólogo José Vicente López-Bao. Seguidamente se celebrará un coloquio sobre los temas tratados y que estará abierto a la participación del público internacional proveniente de los territorios que ocupan la “Reserva de la Biosfera Transfronteriza Gerês-Xurés”.

30/3/18

Los ataques de lobos a ganado crecen en Galicia un 62 % en solo tres años

El número de ataques de lobos a ganado no ha dejado de crecer en Galicia en el último lustro. Es cierto que los datos conocidos en los últimos años probablemente no se ajustaban a la realidad, porque muchos ataques no eran denunciados por los ganaderos cuando ahora sí se hace con la mayoría. Pero el aumento de ataques no se explica solo por esa circunstancia. Además, los datos son elocuentes: en el 2014 las camadas de lobos censadas en Galicia mataron 1.466 cabezas de ganado, cifra que se incrementó hasta 2.379 en el 2017, según datos de la Dirección Xeral de Patrimonio Natural. El incremento en tres años ha sido del 62 %. >>> VER LA NOTICIA COMPLETA >>>

18/3/18

Denuncian que os ataques do lobo provocan o peche do 7% das ganderías de ovino e caprino en Galicia

A Asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia (Ovica) amosa a súa preocupación polo constante incremento de ataques producidos por fauna salvaxe (lobo sobre a gandería e xabaril sobre a agricultura) nos últimos anos, “sen que a dotación orzamentaria que está a destinar a Xunta de Galicia dende a Consellería de Medio Ambiente sexa suficiente para paliar os danos que están a sufrir os nosos gandeiros e agricultores”, opina.

Neste sentido, Carlos Rodríguez, director técnico de OVICA e profesor de Economía Aplicada na USC, incide en que o número de animais mortos nas granxas en Galicia non deixa de medrar ano a ano. “Así, en 2.014 as camadas de lobo censadas en Galicia pasaron de matar 1.466 cabezas de gando a 2.379 en 2.017, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural recentemente”, advirte. Isto supón un 62,28% máis.

13/1/18

Convocadas as axudas para paliar os danos do lobo nas ganderías

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica a orde pola que se establecen as bases das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2018.

Poderanse acoller a estas axudas as persoas propietarias do tipo de gando e que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma. Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.


Prazo: Ata 30/09/2018

30/12/17

Queres vivir en directo como era unha batida nos antigos foxos do lobo?

O lobo e o home sempre tiveron unha fonda relación, sobre todo, na Galicia rural. De feito, o lobo está moi enraizado na mitoloxía popular galega. Os lobos eran seres poderosos que podían matar homes e botar a perder o gando. Por iso, en moitas zonas se construíron estruturas enormes para cazalos e darlle morte. Eran os foxos de lobo, agora en desuso.

A Asociación Cultural Dequenquén leva tempo poñendo en valor estes valiosos elementos da etnografía galega. >>> VER MAIS >>>

Patrimonio. Foxo dos Lobos

27/12/17

Queixa ao Valedor do Pobo

Formulario de queixas: VALEDOR DO POBO DE GALICIA

CONTRA QUE ÓRGANO DA ADMINISTRACIÓN DA COMUNIDADE AUTÓNOMA, CONCELLO, ENTIDADE OU EMPRESA PÚBLICA DESEXA PRESENTAR QUEIXA?: Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

CAL É O MOTIVO DA SÚA QUEIXA? POR FAVOR, DESCRÍBAA COA MAIOR PRECISIÓN POSIBLE: A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publicou a ORDE do 4 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2017.

Os expedientes de axudas empezaron a resolverse no mes de decembro de 2017, cuns prazos moi reducidos de tempo para achegar a documentación xustificativa, chegándose ao extremo de resolver incluso algúns deles o xoves 21/12/2017, saír do rexistro da Consellería o venres 22/12/2017 ás 10:07 horas e marcar como data tope para presentar a documentación o martes 26/12/2017; é dicir, ao día seguinte do día de nadal. Esta mala praxe por parte da Administración levou aos beneficiarios das axudas a non poder xustificalas no prazo marcado, polo que cremos que se está vulnerando claramente os dereitos dos cidadáns e ademais, actúase contrariamente aos principios xerais que establece o “Artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: 2. A xestión das subvencións a que se refire a presente lei realizarase de acordo cos seguintes principios: a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración otorgante. c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.”

6/12/17

El SLG considera "inasumibles" los plazos de ayudas para prever ataques de la fauna salvaje

Las primeras resoluciones de las ayudas para la implantación de medidas preventivas frente a los ataques de lobo y jabalí comenzaron a llegar a los solicitantes el pasado jueves, día 30 de noviembre. Es previsible que muchos beneficiarios de estas subvenciones sigan recibiendo las notificaciones durante la presente semana. El problema surge con el plazo para justificar las ayudas, que termina el próximo lunes, día 11 de diciembre, denuncia el Sindicato Labrego Galego (SLG). >>> VER LA NOTICIA COMPLETA >>>

8/10/17

Medio Ambiente avalía cos sindicatos agrarios a revisión do baremo por danos e adaptación do Plan do lobo á realidade actual da especie


A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, reuniuse hoxe cos responsables sindicais con fin de coñecer as súas propostas para a posible actualización das medidas que permiten combinar a conservación da especie coa viabilidade das explotacións gandeiras. Santiago, 5 de outubro de 2017

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio avalía cos sindicatos agrarios a revisión dos baremos por danos e a adaptación do Plan de xestión do lobo á realidade actual da especie. Así, en consonancia co compromiso adquirido por esta Consellería, a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos representantes sindicais co fin de coñecer as súas propostas de cara á planificación do 2018, en canto ás medidas que permiten combinar a conservación dos animais coa viabilidade das explotacións gandeiras.

27/9/17

Coexistencia da gandería extensiva e a produción apícola co lobo e o oso

Hotel Piornedo, (Piornedo, Cervantes) - Venres 13 de outubro de 2017
Programa:

10:00 h. -O XAN, grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia
10:30 h. - A situación do lobo en Galicia: a poboación da montaña oriental

Luis Llaneza, biólogo, ARENA S.L
11:15 h. -O oso pardo na cordillera Cantábrica: osos e apicultura

Guillermo Palomero, presidente da Fundación Oso Pardo


12:00 h. Pausa café
12:30 h. -Que é coexistir?. Claves para a coexistencia

José Vicente López-Bao, biologo, Universidad de Oviedo
13: 15 h. -A coexistencia vista por un gandeiro: métodos de prevención na montaña cantábrica

Rubén Valín, gandeiro
14: 00 h. - Debate – Coloquio. Gandería responsable: osos e lobos son o problema?

PRAZAS LIMITADAS
Inscripción: FORMULARIO
Información no tfn. 620593892 ou en custodiadoterritorio@gmail.com
CARTAZ CO PROGRAMA


6/9/17

Gandería, lobos e espazos protexidos

Lugar de celebración: Local Social do concello de Muras

Data: 15 de setembro de 2017

Obxectivo: Formar e informar ao sector agrogandeiro da zona norte de Lugo e da área das Serras Septentrionais sobre a realidade actual do lobo en Galicia, sobre os métodos de protección ao gando, así como sobre os distintos modelos de coexistencia con grandes carnívoros, para que o conflito con esta especie sexa minimizado no posible, beneficiando tanto á parte produtiva coma á conservación da natureza.

Programa:

10:00 h. O XAN, grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia

10:30 h. - A situación do lobo en Galicia: a poboación das serras setentrionais. Luis Llaneza, biólogo, ARENA S.L

11:15 h. - Que é coexistir?. Claves para a coexistencia na Rede Natura 2000. José Vicente López-Bao, biólogo, Universidad de Oviedo

12:00 h. Pausa café

12:30 h. - Métodos de prevención e manexo do rabaño na gandería extensiva e semiextensiva: a experiencia dun gandeiro. Joan Alibés Biosca, gandeiro e enxeñeiro agrónomo

13: 15 h. - Cabalos e lobos, unha relación ancestral. Laura Lagos, enxeñeira de montes

14: 00 h. - Coloquio. Gandería responsable: é o lobo o problema?

Introducen: Antón Vázquez e Isabel Vierna. PURAGA


PRAZAS LIMITADAS
Inscripción: FORMULARIO
Información no tfn. 620593892 ou en custodiadoterritorio@gmail.com
CARTAZ CO PROGRAMA




25/8/17

O-Xan considera “urxente” mellorar as axudas para a prevención dos danos do lobo

O colectivo, que agrupa a asociacións de gandeiros, sindicatos agrarios, cazadores, entidades ambientais e investigadores, amósase satisfeito de que a Xunta volva a convocar as axudas á prevención, pero considera que non se tiveron en conta a maioría das súas propostas.

O-Xan (Grupo de Debate e Opinión sobre a xestión do lobo en Galicia), valora positivamente a convocatoria de axudas para á prevención de ataques ao gando. Por segundo ano consecutivo se recuperaron estas axudas, que son a principal medida para compatibilizar a presenza do lobo coa gandería extensiva.

Segundo este grupo, os aspectos positivos desta orde de axudas son “a súa convocatoria regular ano tras ano cun importante orzamento de 180.000 euros, así como a inclusión da raza Mastín do Pirineo como can de garda, unha raza de can moloso empregada na defensa do gando e orixinaria de Aragón.

O-Xan tamén valora que “se melloran os criterios de prioridade, dando unha alta puntuación aos gandeiros que sufriron ataques nos seus rabaños nos últimos anos, así como priorizando a implantación de medidas de prevención nos rabaños maiores e nos de gando ovino e cabrún, os máis afectados polos ataques do lobo”.

17/8/17

Axudas para a prevención dos danos de lobo e xabaril

ORDE do 4 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2017 (DESCARGAR EN PDF)

11/6/17

O cen por cen de seguridade contra o lobo non existe, hai que asumilo

La clave de una eficaz protección del ganado contra el lobo es «método de prevención, método de prevención, método de prevención». Lo dice Joan Alibés, cuya ganadería, ubicada en Rioxoán (Pol) y formada por más de 200 cabezas de ganado ovino en régimen extensivo, solo ha sufrido un ataque en nueve años.

La prevención parece más eficaz si el ganado está protegido con perros indicados. Alibés tiene cinco mastines, aunque agrega que hace falta asesoramiento. «Non se poden empregar mastíns en todos os sitios», dice; explica, por ejemplo, que en algunos casos no son viables económicamente.

Para Alibés, manejar un rebaño complicado no es difícil ni fácil. «Si e non», opina. Considera que puede ser «relativamente sinxelo», que hay que cambiar «moitas mentalidades» y que a veces es es «o verdadeiro problema». Además subraya que debe de convivirse con un cierto riesgo: «O cen por cen de seguridade contra o lobo non existe, hai que asumilo», dice. «Hai que asumir que a prevención é un gasto máis», asegura.

Beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan as especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2016

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan as especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2016 (código de procedemento MT809D).

24/5/17

Un estudio alerta de la escasa evidencia disponible sobre la efectividad de las medidas para reducir los ataques de los grandes carnívoros al ganado


La investigación, realizada por la Universidad de Oviedo y la Universidad Sueca de Ciencias Agrarias, y publicada en la revista Scientific Reports, revela que la elección de las actuaciones que se llevan a cabo está dominada por percepciones y opiniones.

Un estudio realizado por investigadores de la Universidad de Oviedo y la Universidad Sueca de Ciencias Agrarias, que acaba de ver la luz en la revista Scientific Reports, revela que la evidencia sobre la efectividad de las medidas adoptadas para reducir la depredación del ganado por los grandes carnívoros es extremadamente limitada. Tras examinar 562 publicaciones científicas relacionadas con esta cuestión entre 1990 y 2016 (sobre un total de 27,781 publicaciones revisadas sobre grandes carnívoros), los autores de este estudio solamente encontraron 21 publicaciones (3,7%) que satisfacían una serie de requerimientos de investigación básicos como para poder hacer inferencias: una medida cuantitativa sobre la efectividad de las medidas adoptadas y un diseño de estudio experimental o cuasi-experimental.

Curiosamente, algunas de las actuaciones más conocidas y recomendadas carecen casi por completo de evaluaciones apropiadas sobre su efectividad publicadas, como es el caso de los cercados electrificados. Dada la falta de evidencias, la elección de qué medida utilizar en cada caso está dominada de este modo por percepciones y opiniones.

"Si seguimos como hasta ahora, seguramente se publicarán un gran número de artículos en los próximos años sobre este tema, pero es probable que proporcionen poca evidencia sobre la efectividad de las medidas de prevención de daños al ganado que cuestan a propietarios de los animales y a los contribuyentes muchos recursos", explica José Vicente López-Bao, de la Unidad Mixta de Investigación en Biodiversidad (Universidad de Oviedo-CSIC-Principado de Asturias), ubicada en el Campus de Mieres.

"Dada la conflictividad social que en ocasiones observamos asociada a la presencia de grandes carnívoros, y la necesidad de reducir su impacto sobre el ganado, creemos que es fundamental una mayor colaboración entre ganaderos, administración, gestores e investigadores para trabajar juntos y generar la evidencia necesaria sobre la efectividad de las diferentes medidas disponibles en la actualidad para reducir el número de daños al ganado", afirma López-Bao.

Los investigadores consideran que la gestión del conflicto relacionado con los ataques de los grandes carnívoros al ganado debe seguir las prácticas instauradas desde hace décadas en las ciencias médicas, y más recientemente en la biología de la conservación. José Vicente López-Bao y sus colegas aseguran que una gestión basada en la evidencia es un pilar más a la hora de construir relaciones de confianza, y abandonar las situaciones de conflicto social crónico y polarizado que se observan habitualmente en la gestión de poblaciones de grandes carnívoros.

La depredación sobre animales domésticos por parte de especies de grandes carnívoros es uno de los principales factores que influyen sobre la disponibilidad del hombre para compartir el territorio con estas especies. Con el objetivo de reducir el impacto de depredación que estas especies pueden llegar a ejercer sobre los animales domésticos, como el ganado, autoridades, gestores y los propietarios de los animales tienen a su disposición un amplio abanico de medidas de prevención para proteger a sus animales, desde métodos letales a métodos no letales, y desde medidas con una larga historia de uso, como los perros guardianes de ganado, hasta métodos que utilizan tecnologías más recientes, como el uso de cercados electrificados.

La elección de la medida más apropiada en cada caso es importante de cara a evitar efectos contraproducentes, como costes económicos más elevados de lo esperado por un aumento de los niveles de depredación, la necesidad de adoptar medidas adicionales o un aumento del nivel de conflicto y la polarización entre diferentes sectores de la sociedad. Además, una elección adecuada es fundamental para establecer relaciones de confianza con las autoridades responsables de la gestión de los conflictos asociados a la presencia de estas especies, confianza que puede ser fácilmente reemplazada por la duda, la frustración, la ira o el miedo.

Datos del artículo
Referencia: Eklund A, López-Bao JV, Tourani M, Chapron G, Frank J. 2017. Limited evidence on the effectiveness of interventions to reduce livestock predation by large carnivores. Scientific Reports, 7:2097.  www.nature.com/articles/s41598-017-02323-w

16/5/17

Factores de vulnerabilidade das ganderías ante o lobo

Unha investigación realizada sobre 33 explotacións extensivas de vacún de carne conclúe que as menores probabilidades de ataques danse en granxas con touros limusín, vacas rubias e que estean en parcelas de menos de 8 hectáreas

En Galicia, o lobo ten presenza en case todo o territorio. Calcúlase que operan na comunidade 90 mandas, que aglutinan entre 700 e 800 lobos. Os seus ataques sobre o gando danse a diario nalgún punto da comunidade, cunha media de arredor de catro baixas ó día. Ese escenario xera preocupación entre os gandeiros e obrígaos a plantearse como facer a súa gandería menos apetecible para o lobo.

Unha investigación desenvolta sobre 33 granxas de vacún de carne analizou cales son os principais factores de vulnerabilidade en rabaños manexados de xeito semiextensivo, en parcelas pechadas que se van rotando.

Ganaderos y asociaciones piden más ayudas para prevenir ataques de lobos

El grupo O-Xan considera que los ganaderos deben de contar con ayudas para medidas concretas que ayuden a prevenir ataques de lobos. El colectivo, surgido como un foro de análisis sobre los problemas del lobo y sobre las posibilidades de rebajar la conflictividad social derivada de sus ataques, ha expuesto a la Xunta un conjunto de medidas sobre este asunto.

La entidad, que agrupa a colectivos de todo tipo -ganaderos, grupos ecologistas, sindicatos agrarios...-, sostiene que la compra de mastines, la instalación de mastines eléctricos, el uso de mallas móviles electrificadas o la colocación de cierres y de postes de madera -esta ultima, de modo especial, por estimarse que resulta muy eficaz- son medidas convenientes.

11/5/17

Os gandeiros non nos sentimos apoiados ante o lobo

Os produtores critican os retrasos das indemnizacións e un escaso apoio nas axudas á prevención. A caza legal da especie mantense baixo mínimos, con só unha decena de exemplares abatidos en Galicia desde o 2011

O lobo é visto no agro como un mal innecesario, pero a realidade é testán. Houbo, hai e seguirá habendo lobo en Galicia. A poboación do cánido, de feito, recuperouse nas últimas décadas. O número de lobos medra en toda Europa e Galicia non é unha excepción. Hai uns 800 na comunidade, que provocan de media arredor de catro baixas diarias no gando das explotacións galegas.

9/5/17

O descenso de cabalos no monte aumenta o risco de danos do lobo na gandería


As bestas constitúen en boa parte de Galicia entre o 50 e o 90% da dieta do cánido. A baixada da poboación de equinos preocupa a gandeiros e investigadores, pois está constatada a súa eficacia como vía indirecta de prevención de ataques ó gando

Os montes do centro da dorsal galega, en torno ós concellos de Friol, Curtis e Sobrado, acollían uns 500 cabalos alá polos anos 80. Hai unha década, xa só quedaban 200 e agora non pasan de 50. A evolución é similar noutras comarcas galegas, un escenario que preocupa entre os gandeiros, pois está comprobado que a presenza das bestas reduce os ataques do lobo ás explotacións.

O papel que xogan os equinos púxose de manifesto nunhas xornadas organizadas estes días en Friol polo grupo O Xan, un colectivo conformado por gandeiros, ecoloxistas, cazadores e investigadores que trata de promover o diálogo sobre a xestión do lobo en Galicia.

26/4/17

Gandería, sociedade e lobo: cara a coexistencia

Centro Sociocultural de Friol (Lugo) - Sábado 6 de maio de 2017

Organizan: Carballo Vivo + O-XAN


Programa


10:00-10:30 Inauguración das xornadas


10:30-11:00 A xestión do lobo en Galicia: prevención e compensación. 
Servizo Conservación da Natureza Lugo. Delegación Territorial

11:-11:30 A situación do lobo en Galicia: a poboación da dorsal galega. 
Luis Llaneza, biólogo, ARENA

11:30-12:00 Pausa café


12:00-13:00 Impacto da predación do lobo na gandería extensiva. 
Vicente Palacios, biólogo, ARENA / Laura Lagos, enxeñeira de montes

13:00-14:00 Debate Bloque I: situación actual do lobo (poboación, ameazas e políticas de conservación e xestión)


14:00-16:00 Pausa xantar


16:00-16:30 Participación social na xestión do lobo: a experiencia da Unión de Tecores de Galicia. 
Antonio Mota, enxeñeiro técnico forestal, UNITEGA

16:30-17:00 Métodos de prevención e manexo na gandería: da experiencia ao asesoramento. 
Joan Alibés, gandeiro e enxeñeiro agrónomo, Beealia

17:00-17:30 Experiencia dunha gandería de carne ecolóxica co lobo: leccións aprendidas. 
Francisco Javier Arias, gandeiro e biólogo

17:30-18:00 Pausa café


18:00-18:30 Que é coexistir?. Claves para a coexistencia

José Vicente López-Bao, biólogo, Universidad de Oviedo

18:30-20:00 Debate Bloque II: Claves para a coexistencia (métodos de prevención, experiencias e debate social)


20:00 Clausura das xornadas


Prazas limitadas.

Inscripción: FORMULARIO
Información no tfn. 620593892 ou en custodiadoterritorio@gmail.com
CARTAZ CO PROGRAMA




18/4/17

ORDE do 20 de marzo de 2017 pola que se aproba o Plan de acción para a loita contra o uso ilegal do veleno no medio natural de Galicia.

Artigo único. Aprobación do plan

Aprobar o Plan de acción para a loita contra o uso ilegal do veleno no medio natural de Galicia, que figura no anexo I desta orde.

Disposición adicional primeira. Nomeamento das coordinacións rexional e provinciais

A persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio natural designará mediante resolución a coordinación rexional e provinciais previstas no plan, antes de 6 meses contados desde a data de publicación desta orde.

Disposición adicional segunda. Aprobación dos protocolos de actuación

Os protocolos de actuación establecidos no plan serán aprobados mediante resolución da persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio natural, logo de oídas as entidades interesadas.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento


Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio natural para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións e resolucións complementarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido na presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017


20/3/17

JORNADAS NACIONALES DEL LOBO. EDIFICIO MULTIUSOS DE SANTA COMBA (A Coruña)


Jornada Previa.
VIERNES 24
Proyección del documental "Marcos, El Lobo Solitario" sobre la vida de D. Marcos Rodriguez Pantoja “El
niño salvaje de Sierra Morena”. Actividad educativa para niños y jóvenes de los centros educativos de la zona.
SÁBADO 25
10:00 Recogida de documentación y presentación
10:30 h. Inauguración de las Jornadas con la presencia de la Alcaldesa de Santa Comba y de las autoridades de la Consellería de Medioambiente, territorio e infraestructuras de la Xunta de Galicia.

8/3/17

Medio Ambiente actualizará este ano o Plan de xestión do lobo para adaptalo á situación actual desta especie

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio sinala que se revisarán especialmente o relativo á zonificación do seu ámbito de aplicación e ás medidas de xestión


Argumenta que as circunstancias desta especie variaron ao longo destes 9 anos, polo que é necesario revisar o plan de xestión do lobo, aprobado en 2008 

Beatriz Mato aposta por traballar na senda da prevención dos danos, pois a longo prazo resulta máis rendible que investir só en danos

Santiago, 8 de marzo de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio actualizará ao longo de 2017 o Plan de xestión do lobo para introducir melloras que permitan adaptalo á realidade actual desta especie. Así o avanzou esta tarde a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, quen engadiu que se trata de poñer ao día a regularización e o control desta especie e para o que se tomará como referencia a experiencia acumulada na súa xestión durante estes últimos anos.

27/2/17

O-Xan solicitou unha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente


Os colectivos que integran O-Xan, que representan a máis de 30.000 interesados, solicitaron unha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para presentarse oficialmente como grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia, constituído co obxectivo de fomentar o diálogo para minimizar a conflitividade social e favorecer os acordos a favor da coexistencia entre o lobo e a sociedade galega, así como propoñer, debater e estudar medidas para unha correcta xestión desta especie.

Ademais, desde O-Xan quérese coñecer de primeira man, o alcance que se pretende dar este ano á revisión dos baremos das indemnizacións por danos do lobo no gando para incrementar o importe que se lle paga aos gandeiros; e que foi anunciado recentemente pola Directora Xeral de Patrimonio Natural, así como as axudas á prevención de ataques, tan necesarias para a redución da conflitividade.

25/1/17

Os mastíns son o método máis eficaz contra os ataques do lobo


Falamos con Joan Alibés, de O-Xan, un grupo que naceu en 2015 para xestionar de forma dialogada a problemática do lobo en Galicia. Integra a gandeiros, cazadores, entidades conservacionistas e investigadores. “Os gandeiros debemos divulgar e informar máis para gañarnos a opinión pública”, subliña.

Reunir a gandeiros, cazadores, entidades conservacionistas e investigadores para, de forma dialogada, chegar a uns puntos de acordo sobre a xestión dos danos que provoca o lobo na gandería e o control da súa poboación de ser necesario.

O que parecería unha quimera, debido ás posturas extremistas que dun e outro bando aparecen nas redes sociais e nos medios de comunicación, está sendo posible en Galicia dende hai máis dun ano grazas a O-Xan, que se define como “un grupo de opinión para a xestión dialogada do lobo” na comunidade galega.

22/1/17

Medio Ambiente destina 380.000 euros a axudas para axudas paliar os danos ocasionados por ataques de lobo

O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se convocan as axudas do ano 2017 para paliar os danos ocasionados por ataques de lobo. O importe da orde ascende a case 380.000 euros (379.958) e supón un incremento dun 6% respecto do importe da anterior convocatoria.


Estas subvencións están dirixidas aos titulares de actividades gandeira afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, sempre que os danos procedan de ataques que non podan evitarse polo tipo de gando ou polo sistema de explotación. Poderán solicitar estas axudas os titulares de explotacións gandeiras que resultan prexudicadas por un ataque rexistrado entre o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro do actual exercicio.

10/1/17

O lobo ten o sambenito de que é perigoso e por iso vende titulares

O-Xan leva pouco máis dun ano traballando para concienciar á sociedade galega da importancia que o lobo ten para a fauna de Galicia. Óscar Rivas é un dos seus integrantes e nesta entrevista recoñece que é necesario traballar cóbado con cóbado cos gandeiros para tentar chegar a un punto de acordo entre o que pensa o mundo urbano e o que se vive no mundo rural. Por iso critica aos animalistas, “que non teñen que ver cos conservacionistas”, e actúan desde unha perspectiva ideolóxica “que crea malestar no sector rural”.

A Xunta ten que poñer os medios para que haxa unha boa convivencia co lobo

O pasado 1 de xaneiro La Voz de Galicia publicou unha noticia dando conta de que "un gandeiro de Abadín" cazara "coa súa cámara un lobo devorando un cabalo". De inmediato demostrouse que a suposta fotografía fora tirada en 2010 en Asturias e que non era a primeira vez que se utilizaba para ilustrar ou denunciar supostos ataques de lobos ao gando. O xornal retirou a nova e o redactor que a realizara desculpouse. Este episodio serviu para poñer de manifesto o tratamento sensacionalista que en moitas ocasións empregan algúns medios de comunicación á hora de tratar o problema de convivencia que se dá en Galicia entre a presenza do lobo e a actividade das explotacións gandeiras.

5/1/17

O-Xan agradece a rectificación de La Voz de Galicia

Dende O-Xan aplaudimos a retirada da nova de La Voz de Galicia logo de publicar o pasado 1 de xaneiro un suposto ataque de lobos a cabalos en Abadín. Demostrouse que a foto que acompañaba dita nova foi feita no ano 2010 en Asturias. Puxémonos en contacto co periodista que asinaba a nova e aceptou o erro e desculpouse. 

27/8/16

Proposta de O-Xan para a mellora das axudas de prevención dos danos do lobo ó gando

O-Xan (Grupo de Debate e Opinión sobre a xestión do lobo en Galicia) valora positivamente a iniciativa levada a cabo dende a Consellería de Medio Ambiente para retomar a liña de axudas para a implantación de medidas preventivas de ataque de especies salvaxes, despois de que transcorreran máis de 4 anos dende a última convocatoria aberta de axudas para este tipo de investimentos.

2/4/16

El lobo extiende su área de distribución por el 94 % del territorio de Galicia

El último censo identifica 90 manadas con una población de 700 ejemplares

El lobo en Galicia goza de buena salud. Si tradicionalmente la comunidad fue el auténtico reducto de la especie en una época en la que no pasaba por su mejor momento debido a la presión humana de sus hábitats, en las décadas de los 60 y 70, ahora sigue siendo el gran referente en España, con poblaciones en auge y una enorme distribución por casi toda su superficie. Galicia tiene 90 manadas reproductoras que agrupan a unos 700 ejemplares repartidos en un área de distribución que abarca el 94 % de su territorio. Están presentes en la práctica totalidad de la provincia de Ourense, en el 98 % de la de Lugo; en el 95 % de la de A Coruña y en el 74 % de la de Pontevedra. Salvo en las ciudades y su área de influencia y en determinadas localizaciones de la costa, fundamentalmente en Pontevedra, la presencia del lobo es mayoritaria. Así lo ha constatado el último censo realizado en Galicia encargado por la Consellería de Medio Ambiente, cuyos datos se han incorporado a la base de datos nacional, que fue presentada hace unos días.

26/1/16

Propostas de O-Xan para a implantación e mantemento de medidas preventivas de ataques de lobo

O-Xan é un grupo aberto de opinión para a xestión dialogada do lobo en Galicia. Está integrado por agrupacións gandeiras (ACRUGA, OVICA, PURAGA, SGPF, UUAA) e gandeiros a título individual, empresas do sector (Beealia), cazadores (UNAC, UNITEGA), entidades conservacionistas (AGCT), investigadores (CIAM, USC, Universidade de Oviedo) e técnicos vinculados coa xestión e conservación do lobo en Galicia. 

Dende O-Xan consideramos que a prevención é unha ferramenta imprescindible para compatibilizar a gandería coa presenza e a conservación do lobo en Galicia. Máis aínda, o lobo tamén depende, en certa medida, da existencia de gando para a súa supervivencia, polo que é un deber da sociedade en conxunto contribuír á continuidade das explotacións.

13/1/16

Solicítanlle á Xunta que as indemnizacións por danos do lobo se cobren nun máximo de 6 meses

O-Xan solicita tamén que se actualicen as indemnizacións e que se cubran os custos da eutanasia ao gando malferido

O-Xan, un grupo de opinión sobre a xestión dialogada do lobo en Galicia, solicítalle á Xunta que as indemnizacións por danos deste cánido se cobren nun prazo máximo de 6 meses. Actualmente os gandeiros chegan a tardar ata máis de 2 anos en cobralas.

O pasado 28 de Decembro a Consellería de Medio Ambiente publicou as axudas para paliar os danos producidos polo lobo en Galicia. Dende o Xan salientan que “por primeira vez en máis de 4 anos a Consellería de Medio Ambiente tenta de poñer fin ao manifesto atraso de máis de dous anos no pago destas indemnizacións que os gandeiros levan sufrindo todo este tempo”.

24/11/15

Nace O-Xan, un grupo de opinión para a xestión dialogada do lobo en Galicia

O-Xan, un grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia, ven de constituírse co obxectivo de fomentar o diálogo para minimizar a conflitividade social e favorecer os acordos a favor da coexistencia entre o lobo e a sociedade galega, así como propoñer, debater e estudar medidas para unha correcta xestión desta especie.

O grupo xurdiu a partir da xornada celebrada o pasado 20 de xuño en Rábade baixo o título “O lobo e o seu conflito: da normativa ao diálogo”, onde se reuniron membros de todos os grupos de interese na xestión e conservación do lobo.

19/6/15

¿Poden coexistir lobo e gando cunha baixa conflictividade?

Gandeiros, biólogos e cazadores abordan a situación do cánido nunha xornada en Rábade (Lugo) que serviu de punto de partida para a creación dun grupo estable de traballo. 

En Galicia, os gandeiros denuncian cada ano ante a Administración autonómica entre 1.000 e 1.500 animais mortos polo lobo, gran parte ovellas (65 %), pero tamén gando bovino, cabras e cabalos. A recuperación das poboacións do cánido nas últimas décadas, unida a factores como a progresiva extensificación da gandaría, está a levar en moitas comarcas a un aumento do conflicto social polos danos do lobo. Gandeiros, grupos ecoloxistas, investigadores e cazadores xuntáronse nunha xornada en Rábade (Lugo) para dialogar sobre unha preocupación común. Como reducir a conflictividade provocada polo lobo?